Galicia PMS informa aos empresarios galegos que accedan ás axudas TIC deste ano
mércores, 21 de xaneiro do 2009O portal das pequenas e medianas empresas
galegas, Galicia
PMS, vén de publicar un artigo con información interesante a ter en conta
polos empresarios galegos que desexen solicitar as axudas de Innovación e
Industria deste ano en materia de ferramentas para integrarse na Sociedade da Información.
A solicitudes para acceder ás subvencións que
lle concede esta Consellaría ás empresas que realicen investimentos durante o
ano 2009 en materia de novas tecnoloxías, poden presentarse ata o vindeiro 19
de febreiro e segundo a Axuda de minimis,
os empresarios non poderán percibir máis de 200.000 euros en axudas en tres
exercicios fiscais.
Os beneficiairos destas contías son as
empresas privadas con personalidade xurídica validamente constituídas no
momento da presentación da solicitude, que realicen actividades con ánimo de
lucro, así como empresarios individuais coa súa sede ou centro de traballo en
Galicia.
O importe máximo de subvención por solicitante
ascende a 80.000 euros e a 120.000 para as factorías de software certificada
CMM nivel 2.
A web Galicia PMS inclúe asemade información
sobre as diferentes modalidades de liñas de subvencións, sobre os criterios de
valoración das propostas, sobre gastos subvencionables e non subvencionables e sobre
os datos de contacto, entre outras cousas.
No artigo tamén se poden consultar as
casuísticas para solicitar axudas no eido das infraestructuras tecnolóxicas
internas das empresas, aplicacións informáticas nas empresas, apoio ao
desenvolvemento do sector TIC e formación técnica e promoción do sector das TIC
para o ano 2009.
Estas liñas de actuación conforman a oferta
que a Dirección
Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de
Innovación e Industria puxeron en marcha no comezo do 2009.