Galicia acolle esta semana un encontro internacional sobre tecnoloxÃas cuánticas e as súas aplicacións
luns, 7 de outubro do 2024
Santiago acolle esta semana, o mércores 9 e xoves 10 de outubro, o International Quantum Business Conference, un evento internacional que reunirá a persoal investigador, representantes da industria e doutras entidades públicas e privadas para debater ao redor das tecnoloxÃas cuánticas. Este evento, organizado por Fujitsu e coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Xunta de Galicia, abordará os últimos avances das tecnoloxÃas cuánticas.
No transcurso deste relevante encontro debaterase tamén sobre a aplicación destas tecnoloxÃas na industria en diferentes eidos como o descubrimento de fármacos, a loxÃstica, a enerxÃa ou as finanzas, entre outros.
Dirixido tanto a perfÃs técnicos como executivos, a conferencia contará coa participación de actores relevantes que traballan no ecosistema cuántico internacional como o King’s College de Londres, Moody’s, Repsol, o Fujitsu Quantum Lab e o Silicon Valley Forum, entre outros.
Grazas a este evento, as persoas asistentes poderán somerxerse no mundo das tecnoloxÃas cuánticas e máis concretamente en conferencias sobre programas concretos para realizar computación cuántica práctica ou mesas redondas sobre iniciativas públicas para impulsar o ecosistema cuántico en España e Europa. Entre outras citas, tamén se afondará nas oportunidades de financiamento de I+D+i para tecnoloxÃas cuánticas e sobre a fenda cuántica entre a forza laboral e o emprendemento, asà como entre a investigación cuántica e os negocios.
Esta actuación enmárcase nos compromisos de Fujitsu coa Xunta de Galicia dentro do Polo de TecnoloxÃas Cuánticas de Galicia, que ten como obxectivo converter a nosa Comunidade nun referente a nivel europeo nestas tecnoloxÃas no horizonte do 2030.