Galicia comparte con Cataluña o seu sistema de I+D+i
venres, 26 de setembro do 2025
Galicia e Cataluña celebraron hoxe unha xornada de traballo centrada na I+D+i. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia, Román RodrÃguez, recibiu á conselleira de Investigación e Universidades da Generalitat, Núria Montserrat, co propósito de compartir estratexias e polÃticas públicas nesta área e explorar posibles vÃas de colaboración tanto a nivel institucional como en capacidades entre territorios.
O titular galego agradeceu o interese da súa homóloga polo modelo de gobernanza e xestión que Galicia está a aplicar en ciencia e innovación, con resultados positivos a través de iniciativas como a Rede CIGUS, as convocatorias de colaboración público-privada ou os plans plurianuais de financiamento universitario. Tamén recoñeceu a cooperación do ICREA, a Institución Catalana de Investigación e Estudos Avanzados, no asesoramento para a posta en marcha de Galtia, a futura fundación galega de atracción de talento investigador de excelencia que iniciará as súas actividades en 2026.
Na visita, na que tamén participaron o secretario xeral de Universidades, José Alberto DÃez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, déronse a coñecer programas como Oportunius, o Plan galego de investigación e innovación 25-27 (dotado con 1.310 millóns de euros e 165 actuacións) e as principais liñas da carreira investigadora en Galicia.
RodrÃguez destacou a especialización estratéxica en áreas como a biotecnoloxÃa, a cuántica, a intelixencia artificial ou as tecnoloxÃas limpas, asà como iniciativas de transferencia como Ignicia e o papel de Galicia na innovación desde a demanda, que lidera a nivel estatal. O conselleiro subliñou que as polÃticas galegas están «dando os seus froitos» e lembrou que, segundo o Instituto Nacional de EstatÃstica, Galicia foi a comunidade que máis incrementou o investimento en I+D no último estudo, aÃnda que segue lonxe de territorios lÃderes como Cataluña. «As cifras reflicten a tendencia ascendente de Galicia en I+D+i, unha prioridade para a Xunta», afirmou RodrÃguez, quen considerou a ciencia e a innovación como chaves para «impulsar o progreso socioeconómico e mellorar a vida dos galegos». Valorou ademais o encontro coa súa homóloga: «Foi frutÃfera e inspiradora. Compartir sempre é positivo e nós temos moito que aprender das capacidades de Cataluña no eido da I+D+i e o gran traballo que fan nos seus laboratorios de investigación».
Pola súa banda, Núria Montserrat agradeceu a acollida e definiu a reunión como «unha oportunidade de traballo conxunto en favor do talento, a innovación e o progreso compartido». Tamén asegurou que «temos moito que aprender de Galicia, no camiño da I+D+i precÃsanse modelos e aquà tédelos, modelos que funcionan e con resultados moi importantes». A conselleira catalá salientou que a xornada serviu para «fortalecer os nosos ecosistemas cientÃficos e universitarios e, ao mesmo tempo, reforzar o papel da investigación como motor de oportunidades para a cidadanÃa, cun reto compartido: impulsar a innovación e o talento que xera coñecemento e valor».
Durante a súa estancia, ambos responsables visitaron varios centros de referencia. En concreto, acudiron ao CIMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) da USC, dirixido por Mabel Loza, e ao IGFAE (Instituto Galego de FÃsicas de Altas EnerxÃas), centro compartido pola USC e a Xunta, onde actuou como anfitrión Carlos Salgado.
