Galicia contará con dous novos laboratorios de investigación en tecnoloxÃas cuánticas
luns, 12 de xaneiro do 2026
O CESGA reforza a súa aposta polas tecnoloxÃas cuánticas coa creación de dous laboratorios de investigación compartidos coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, tras a autorización por parte do Consello da Xunta de dous convenios de colaboración que supoñen un investimento conxunto de 4,6 millóns de euros.
Estes acordos permitirán dotar ao sistema galego de I+G+i de novas infraestruturas cientÃficas orientadas ao desenvolvemento de procesadores cuánticos, situando a Galicia na carreira polo deseño deste tipo de equipamentos avanzados. A colaboración artéllase entre o Centro de Supercomputación de Galicia e dous centros universitarios da Rede CIGUS. Un dos laboratorios localizarase no Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas da USC e centrarase en tecnoloxÃas cuánticas aplicadas á fÃsica de partÃculas e nuclear. O segundo terá a súa sede no Vigo Quantum Communication Center, integrado no centro AtlanTTic da UVigo, e estará especializado en computación cuántica óptica.
A computación cuántica figura como unha das iniciativas de alto impacto do Plan galego de investigación e innovación 25-27, reflectindo a prioridade estratéxica que o Goberno galego lle concede a este ámbito. Estes novos convenios chegan despois doutros fitos relevantes, como a construción dun novo edificio do CESGA en Santiago, no que se incorporarán un novo computador cuántico, un supercomputador e un sistema avanzado de almacenamento de datos, ou a posta en marcha da liña de comunicación cuántica máis longa de España entre Santiago e Vigo. Galicia tamén participa no primeiro Centro Europeo de Excelencia Cuántica, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento destas tecnoloxÃas a nivel continental.
No plano orzamentario, o laboratorio conxunto CESGA-IGFAE contará con case 2,2 millóns de euros destinados en 2026 ao impulso das súas liñas de investigación, mentres que o convenio co VQCC dispón dun financiamento de 2,4 millóns de euros para a creación do Quantum Optical Computing Lab. Ambos os proxectos inclúen a dotación de persoal, equipamento e infraestruturas técnicas, cun modelo de gobernanza compartida. O financiamento achegado polo CESGA está cofinanciado a través do PERTE Chip e de fondos propios da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidade e FP, mentres que as universidades asumirán a consolidación e a sustentabilidade operativa dos laboratorios.
O laboratorio da USC orientará a súa actividade á fÃsica de partÃculas, nuclear e fundamental, con liñas de investigación en simulación cuántica, plataformas experimentais e técnicas de detección e mitigación de erros. O obxectivo é avanzar no desenvolvemento dun procesador cuántico especificamente deseñado para novos descubrimentos nestes campos, incluÃndo simulacións de fenómenos complexos de interese cientÃfico internacional.
Pola súa banda, o laboratorio de computación cuántica óptica da UVigo concÃbese como unha infraestrutura aberta á colaboración externa, integrada academicamente na universidade e, ao mesmo tempo, na estrutura cientÃfica do CESGA. Este novo sistema permitirá abordar problemas de optimización con maior eficiencia enerxética e acelerar algoritmos de intelixencia artificial, con aplicacións potenciais en ámbitos como o deseño de materiais, a loxÃstica, a planificación sanitaria ou a bioinformática. Ademais, contribuirá a posicionar Galicia en futuras infraestruturas europeas de computación avanzada e a reforzar a súa soberanÃa tecnolóxica.
