Galicia contará en 2026 co seu primeiro espazo de datos industrial para impulsar a competitividade empresarial
martes, 22 de xullo do 2025
A Xunta aprobou a creación do primeiro espazo de datos industrial de Galicia, unha infraestrutura virtual que permitirá ás empresas compartir e consumir información de forma segura, favorecendo o desenvolvemento de novos produtos, servizos e procesos máis eficientes, sustentables e internacionalizables.
Este ecosistema dixital, que contará cun investimento de 2,55 millóns de euros no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola UE-NextGenerationEU, desenvolverase en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a Asociación para a Dixitalización da Industria de Galicia (Dihgigal).
A plataforma virtual centrarase inicialmente en sectores estratéxicos como a automoción, o naval, a loxÃstica e o aeroespacial. Durante a primeira fase, traballarase na creación dunha arquitectura segura e interoperable que conecte empresas, centros tecnolóxicos e entidades de investigación, en consonancia cos estándares europeos. Na segunda fase, validaranse casos de uso concretos, como sistemas preditivos de demanda no naval, solucións de aforro enerxético para a automoción, planificación con drons para a loxÃstica costeira ou rutas intelixentes no transporte.
O proxecto prevé tamén o mantemento do espazo durante os tres anos seguintes á súa posta en marcha, a cargo de ITG e Dihgigal, baixo supervisión da Xunta. Ademais, desenvolverase un modelo de negocio que garanta a súa sustentabilidade e permita consolidalo como referente na economÃa do dato.
Esta iniciativa pretende fortalecer as cadeas de valor industriais galegas, fomentar a innovación colaborativa e contribuÃr á soberanÃa dixital, xerando ao tempo novas oportunidades de emprego cualificado e situando Galicia á vangarda da dixitalización industrial en Europa.
