Galicia é a 6ª comunidade autónoma en número de empresas TIC
luns, 1 de outubro do 2012
O Observatorio
da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA) publica hoxe na
súa páxina web que segundo datos da Enquisa ás Empresas TIC sobre a Sociedade
da Información en Galicia correspondentes a 2012 Galicia
é a sexta comunidade autónoma con maior número de empresas do sector TIC.
Os datos recollidos parten dunha enquisa realizada polo OSIMGA, e compleméntase
con información do IGE e do INE, relativa ao número de empresas, emprego e
contribución do sector TIC ao PIB galego.
No que vai de ano o número de empresas do sector TIC de Galicia acadou a cifra
de 1.976 e experimentou un crecemento dun 4,2% respecto a 2011. Isto sitúa a
Galicia como a sexta comunidade autónoma con maior número de empresas do sector
TIC e supera o ritmo de crecemento do número de empresas tecnolóxicas a nivel
estatal (3,2%)
O nivel de
emprego no sector tecnolóxico situouse en xuño deste ano nos 15.484
traballadores, o que representa o 1,6% da poboación ocupada galega, porcentaxe
que se mantén invariable desde o ano 2009. A pesar da actual conxuntura
económica, o emprego neste sector mantense por riba dos 15.000 traballadores
nos tres últimos anos.
O valor
engadido bruto (VEB) do sector TIC galego representou o 2,14% do PIB de Galicia
e o volume de negocio das empresas TIC galegas superou os 2.234 millóns de
euros no ano 2011, correspondendo un 84,9% do volume de negocio a clientes
galegos e un 13,3% ao resto de España.
Os datos recollidos polo OSIMGA tamén debuxan un perfil da empresa TIC galega
como unha compañÃa con menos de 10 empregados, dos que máis da terceira parte
son autónomos, concentrándose principalmente nas provincias de A Coruña (44,6%)
e Pontevedra (32,9%). Máis do 70% das empresas TIC galegas teñen contratadas
velocidades de acceso á Internet superior aos 10 Mbps, fan un bo uso de
tecnoloxÃas como a factura electrónica (o 26,2%) e incluso desenvolven
actividades de I+D+i (o 26,5%).