Galicia e o Norte de Portugal reforzan a súa colaboración en I+D+i
venres, 13 de decembro do 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román RodrÃguez, asistiu hoxe ao foro de presentación da Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) para o perÃodo 21-27, celebrado en Arcos de Valdevez (Portugal) e organizado pola CCDR NORTE, a Xunta de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. No acto, o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDRN), António Cunha, e o conselleiro de Ciencia do Goberno galego firmaron un acordo de colaboración para a implementación desta estratexia ata 2027 en materia de innovación.
Román RodrÃguez, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, destacou a capacidade transformadora da cooperación transfronteiriza en materia de I+D+i e o poder tractor de talento e financiamento, como demostran os resultados da estratexia anterior para o perÃodo 14-20, que mobilizou 492 millóns de euros, fronte aos 360 M€ marcados como obxectivo.
O titular de Ciencia informou da vontade de reforzar e impulsar esta colaboración, que é pioneira no conxunto de Europa, sendo a única estratexia de especialización intelixente transfronteiriza. De feito, apuntou que a RIS3T segue a ser o marco idóneo para fortalecer as comunidades de Galicia e Norte de Portugal, actualizando os obxectivos e prioridades aos novos desafÃos comúns e mantendo o efecto positivo sobre o tecido produtivo da Eurorrexión.
Por último, Román RodrÃguez agradeceu a participación de todos os axentes implicados tanto no desenvolvemento da estratexia anterior como na definición da actual e animounos a seguir traballando na construción dunha marca propia de I+D+i para manter a posición da Eurorrexión como referente nesta materia.
O Foro RIS3T sobre a Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, ao igual que a elaboración da estratexia, está financiado polo Programa de cooperación transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, a través do proxecto GOBERNANZA_GNP, liderado pola AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.