Galicia, elixida como sede da final nacional do DesafÃo CanSat 2025
mércores, 27 de novembro do 2024
O 13 e 14 de maio do vindeiro ano 2025, Galicia acollerá a final nacional do DesafÃo CanSat 2025, o programa de lanzamento de satélites da Axencia Espacial Europea dirixido a centros escolares, que terá lugar na base aérea de VerÃn-OÃmbra (Ourense).
Cómpre sinalar que esta iniciativa desafÃa a estudantes de toda Europa a construÃr e lanzar un minisatélite do tamaño dunha lata de refresco que o alumnado ten que desenvolver no marco dun proxecto educativo nos seus respectivos centros escolares. Asà pois, os gañadores e gañadoras das competicións rexionais de CanSat de cada comunidade autónoma terán unha cita no evento nacional, onde se realizarán lanzamentos con foguetes de combustÃbel sólido a 1km de altura. A persoa gañadora da fase nacional será convidada a participar no evento a nivel europeo.
A sede de Galicia foi elixida no Encontro Nacional de Nodos ESERO Spain, celebrado a semana
pasada en Granada, entre representantes de 15 comunidades autónomas que forman parte da rede de colaboradores da Oficina Europea de Recursos para a Educación Espacial da Axencia Espacial Europea (ESA) en España.
Salientar que Galicia conta cunha ampla traxectoria de participación neste programa ESERO para o fomento das vocacións en ciencia, tecnoloxÃa, enxeñarÃa, arte e matemáticas na aula, asà como para a difusión entre a mocidade da importancia da exploración e investigación espacial na sociedade en xeral e na economÃa en particular.
A xeito informativo, un CanSat é unha simulación satélite integrada dentro dunha lata de refrescos. O desafÃo para o alumnado consiste en introducir nun espazo reducido os principais elementos dun
satélite real (alimentación eléctrica, sensores e sistema de comunicacións). O seguinte paso é lanzar o CanSat ou deixalo caer desde unha plataforma mediante un dron, un globo cativo, un foguete ou calquera outro método. O experimento cientÃfico consiste en acadar unha aterraxe sen danos e a análise dos datos durante o descenso.