Galicia impulsará a formación en competencias dixitais do persoal sanitario
venres, 3 de outubro do 2025
A Xunta de Galicia e Organización Médica Colexial colaborarán para incentivar a formación en competencias dixitais do persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantivo este venres 3 de outubro unha xuntanza co presidente da Organización Médica Colexial, Tomás Cobo, e cos presidentes dos catro colexios oficiais de médicos de Galicia, que presentaron o programa formativo Generación D, que ten por obxectivo reforzar as competencias dixitais do persoal sanitario.
No encontro tamén participaron a secretaria xeral técnica da ConsellerÃa de Sanidade, Natalia Lobato, o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Alfredo Silva.
Dotado cun programa de 150 horas, o programa promovido pola Organización Médica Colexial desenvolverá as competencias dixitais dos profesionais e dos diferentes entes sociais na procura de fomentar a transformación dixital a nivel nacional. AsÃ, estrutúrase ao redor dun bloque formativo común de 40 horas e dun bloque especÃfico de 110 horas que, neste caso, se adapta ás tarefas e ás necesidades propias dos médicos. Esta formación pretende optimizar as habilidades para rexistrar, avaliar, xestionar e integrar as tarefas vencelladas ao labor clÃnico.
Co obxectivo de fomentar o reforzo das competencias dixitais do persoal sanitario, a ConsellerÃa de Sanidade avaliará que esta formación sexa tida en conta a efectos de procesos e carreira profesional.
