Galicia loce potencial tecnolóxico ante potenciais investidores do continente americano
xoves, 20 de marzo do 2025
Máis dunha decena de organismos de transformación dixital e financeiros procedentes de Latinoamérica e Estados Unidos visitaron Galicia do 10 ao 14 de marzo, no marco da misión comercial inversa organizada polo Clúster TIC Galicia, en colaboración co IGAPE, para reivindicar a nosa Comunidade como referente no ecosistema tecnolóxico internacional.
Durante a súa estadÃa, as potenciais investidoras percorreron A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para coñecer de primeira man proxectos de innovación e avances en I+D tecnolóxico, tanto a nivel privado como na administración pública, co obxectivo de identificar puntos de aprendizaxe e boas prácticas que se poidan extrapolar ou replicar nos seus respectivos paÃses.
Visitaron distintos espazos de innovación, como o Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC, o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), o GaiásTech, o Centro Tecnolóxico Gradiant ou o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). Asà mesmo, mantiveron 80 reunións B2B con empresas socias do Clúster TIC Galicia e startups, ademais de participar en actividades de traballo colaborativo.
Nos encontros participaron as galegas Altia, Emetel, Cinfo, Councilbox, Imatia, Itelsis, QaronÃ, Quobis, Sg Tech, Teimas, Torusware e Visual MS, que amosaron os seus produtos e servizos máis innovadores en áreas como a Intelixencia Artificial, a ciberseguridade, a dixitalización industrial ou a IoT (Internet das Cousas).
Pola súa banda, a delegación internacional estaba integrada pola empresa de telecomunicacións Totalplay (México), EMCALI (Colombia), que opera neste sector, entre outros, e o Grupo EnerxÃa Bogotá (Colombia), que fornece enerxÃa eléctrica e gas natural en Colombia, Perú, Brasil e Guatemala.
Tamén estiveron presentes a Federación Colombiana de Software e TecnoloxÃas (Fedesoft), con máis de 500 afiliados e 30 anos de traxectoria; e o viceministro de Innovación e TecnoloxÃa do Ministerio de Innovación da República Dominicana, Armando José Manzueta Pena.
No ámbito da transformación dixital, acudiron representantes do Órgano Xudicial de Panamá, a Autoridade Nacional para a Innovación Gobernamental (AIG) de Panamá e a Autoridade da Canle de Panamá.
As entidades financeiras tamén foron protagonistas desta misión comercial coa asistencia da Caixa de Aforros de Panamá, o Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID) de EE. UU., que ofrece apoio financeiro e técnico a gobernos nacionais e subnacionais, asà como a outras entidades de América Latina e o Caribe, e ASOBANCARIA (Colombia), que agrupa ao sector financeiro colombiano.