Galicia medra a bo ritmo en equipamento informático e liñas de cable para acceder á Internet

mércores, 14 de maio do 2008

Os resultados da Enquisa á poboación sobre a Sociedade da Información 2007 que vén de publicar o OGSI reflicten que as TIC continúan a ter unha tendencia de penetración positiva, que fai que Galicia se achegue ao resto do Estado en varios indicadores da Sociedade da Información.
Podemos destacar que nos casos do equipamento en ordenadores persoais e en conexión á Rede por cable o crecemento galego supera á media estatal.

PUBLICIDADE