Galicia participará no primeiro Centro Europeo de Excelencia Cuántica concedido pola Comisión Europea
mércores, 12 de novembro do 2025
A Comisión Europea vén de anunciar a creación do primeiro Centro Europeo de Excelencia Cuántica (QEX), no que Galicia participará a través do CESGA e das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. O novo centro, financiado pola Empresa Común de Computación de Altas Prestacións Europea (EuroHPC JU), está promovido por un consorcio formado por 11 entidades de cinco paÃses e ten como finalidade fomentar o desenvolvemento das tecnoloxÃas cuánticas e garantir o liderado europeo en computación cuántica.
A participación galega, cun orzamento de 1,36 millóns de euros cofinanciado ao 50 % pola Comisión Europea e polo Ministerio de Ciencia, Universidades e Innovación, contribuirá de forma decisiva á creación dun espazo común para ofrecer servizos e coñecemento aos usuarios de ordenadores cuánticos. A representación galega está encabezada polo CESGA —centro compartido entre a Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións CientÃficas— e os tres centros da Rede CIGUS: o Centro Singular de Investigación en TecnoloxÃas Intelixentes (CITIUS) e o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (IGFAE), ambos da Universidade de Santiago de Compostela, xunto co Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña.
Os centros galegos centraranse en facilitar á comunidade cientÃfica e ao tecido produtivo o acceso ás infraestruturas cuánticas, ademais de impulsar o desenvolvemento de novas aplicacións e software neste campo. Tamén serán responsables de realizar actividades de benchmarking —avaliación comparativa de computadores e aplicacións cuánticas— e colaborarán na formación de investigadores e usuarios, aproveitando a experiencia adquirida no programa TalentQ, integrado no proxecto Quantum Spain.
O Centro Europeo de Excelencia Cuántica actuará como unha ventá única para as aplicacións e ferramentas de computación cuántica, facilitando que investigadores, empresas e industrias europeas poidan aproveitar todo o potencial destas tecnoloxÃas. A través de programas de formación especializada e apoio personalizado, QEX formará persoal altamente cualificado neste ámbito e acompañará os usuarios no proceso de adaptación e codesenvolvemento de aplicacións cuánticas, preparando o terreo para a próxima era da computación.
Socios participantes
O consorcio QEX integra 11 entidades que representan unha ampla rede de coñecemento cientÃfico e técnico procedente de cinco paÃses da Unión Europea. Coordinado polo Stichting QuantumDeltaNL (PaÃses Baixos), participan tamén por Dinamarca a Danmarks Tekniske Universitet, a Københavns Universitet e a Syddansk Universitet; por Irlanda, a Universidade de Galway; por Alemaña, a Bayerische Akademie der Wissenschaften e o Deutsches Zentrum für Luft- und Raumfahrt; e polos PaÃses Baixos, a Nederlandse Organisatie voor Toegepast Natuurwetenschappelijk Onderzoek, ademais do propio lÃder Stichting QuantumDeltaNL. España participa a través do CESGA, a USC e a UDC.
Novo avance en I+D+i
Tras a recente consecución da Fábrica Europea de Intelixencia Artificial —unha das 19 que se implantarán en Europa— e o inicio da construción do novo edificio do CESGA cun investimento de 56 millóns de euros, Galicia consolida o seu posicionamento como referente europeo en supercomputación e tecnoloxÃas cuánticas. Estas iniciativas forman parte da aposta da Xunta de Galicia polas tecnoloxÃas profundas, recollida no Plan galego de investigación e innovación, polo seu potencial transformador da economÃa e o seu papel clave no avance da I+D+i.
