Galicia presenta á Comisión Europea a súa aposta pola supercomputación, a cuántica e a IA
xoves, 27 de marzo do 2025
O conselleiro de Educación, Ciencias, Universidades e Formación Profesional, Román RodrÃguez, mantivo unha reunión de traballo en Bruxelas co director adxunto da Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contidos e TecnoloxÃas da Comisión Europea, Thomas Skordas, para presentarlle a aposta que está a realizar Galicia pola supercomputación e as tecnoloxÃas profundas, como a cuántica e a intelixencia artificial, e as actuacións que se están a desenvolver neste eido.
No marco da súa visita a Bruxelas, onde estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, o conselleiro trasladoulle ao representante da Comisión Europea os importantes investimentos que está a realizar Galicia nestas áreas, como o computador cuántico Qmio do CESGA ou a ampliación do CESGA cun investimento de 56 millóns de euros en marcha. Asà mesmo, destacou o desenvolvemento de Galicia no I+D+i ao redor destas tecnoloxÃas, que están a usar estas infraestruturas en beneficio do avance do coñecemento e da súa aplicación.
O titular de Ciencia afirmou que Galicia conta cos medios para situarse como un territorio destacado no marco europeo nos eidos da cuántica e da intelixencia artificial, grazas ás medidas que se están a impulsar e aos investimentos históricos realizados. De feito, estas tecnoloxÃas son eixos estratéxicos transversais do novo Plan galego de I+D+i 2025-2027 e consideradas de alto impacto polo seu potencial para contribuÃr a unha transformación profunda do tecido produtivo e a súa contribución ao avance da I+D+i e o desenvolvemento do sector. Con esta aposta, preténdese, polo tanto, seguir contribuÃndo a reforzar a soberanÃa tecnolóxica de Europa desde o sur do continente.
Outros encontros con representantes europeos
Román RodrÃguez tamén mantivo outras reunións de traballo na capital belga con representantes europeos para tratar temas vinculados coa ciencia e a innovación. Concretamente, reuniuse coa eurodeputada da Comisión de Innovación Eva Meydell e co eurodeputado da Comisión de Mercado Interior e Protección dos Consumidores Andreas Schawab. Asà mesmo, Román RodrÃguez mantivo un encontro con membros da Representación Permanente de España na Unión Europea (REPER) vencellados ao ámbito da investigación e a innovación, como o conselleiro de Ciencia e Innovación, David González, e a conselleira de Asuntos Autonómicos, Florencia Cuervo.