Galicia sitúase como referente en tecnoloxÃas cuánticas
mércores, 5 de novembro do 2025
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou hoxe na xornada de presentación dos resultados cientÃfico-técnicos do Plan Complementario de Comunicacións Cuánticas en Galicia, celebrada na Universidade de Vigo. A representante da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou o papel de Galicia como referente nacional e internacional en investigación e innovación en tecnoloxÃas cuánticas, «un posicionamento ao que ten contribuÃdo a participación galega neste instrumento de colaboración entre comunidades autónomas para facer avanzar a I+D+i en áreas de interese estratéxico comúns».
Neste sentido, Cotelo salientou a contribución das tres universidades galegas e do Centro de Supercomputación de Galicia ao desenvolvemento das tecnoloxÃas cuánticas e ao reforzo da ciberseguridade en España, con fitos tan destacados como a despregadura do enlace de comunicación cuántica terrestre máis longo do paÃs —e un dos máis extensos de Europa, con máis de 120 quilómetros de distancia— entre Vigo e Santiago. Esta liña, inaugurada hai un mes, permitirá establecer comunicacións ultra seguras e prevese ampliala a outros puntos da rede galega de investigación e á infraestrutura europea.
Xunto con esta conexión, o investimento de 9,6 millóns de euros procedentes de fondos europeos e de recursos propios da Xunta de Galicia permitiu tamén crear e equipar tres laboratorios experimentais en tecnoloxÃas de comunicacións cuánticas, asà como unha estación óptica terrestre para comunicacións cuánticas vÃa satélite, que posibilitará a conexión coas principais misións europeas e internacionais de satélites cuánticos. A participación neste programa fixo posible ademais a contratación de 25 investigadores altamente cualificados, a publicación de 60 artigos en revistas cientÃficas e a captación de 10 millóns de euros de financiamento adicional.
As tecnoloxÃas cuánticas constitúen un ámbito estratéxico para Galicia, tal e como se recolle no Plan galego de investigación e innovación 25-27, polo seu potencial transformador sobre a economÃa e o avance da I+D+i. Por este motivo, a Xunta de Galicia vén apostando por elas desde 2021 a través da iniciativa do Polo de TecnoloxÃas Cuánticas de Galicia, coa finalidade de situar a Comunidade como referente neste eido cara ao horizonte de 2030.
