Galicia xestionará 8,5 millóns dos Next Generation para impulsar transformacións dixitais e enerxéticas

venres, 29 de decembro do 2023 S. P.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este venres 29 de decembro na Conferencia Sectorial de Turismo en Madrid, onde se aprobou unha ampliación do reparto entre as Comunidades Autónomas dos fondos europeos Next Generation. No horizonte 2026 serán case 8,5 millóns de euros os que a Xunta de Galicia xestionará a maiores para un Plan de Competencias Dixitais e impulsar medidas de eficiencia enerxética, entre outras accións.
En concreto o Goberno autonómico executará o Plan de Competencias Dixitais cun investimento de preto de 2,5 millóns de euros e unha previsión de formación de 892 profesionais do sector a través de cursos de 150 horas. O prazo de execución será ata o ano 2026.
Tamén se aprobou a nova convocatoria do plan de eficiencia enerxética. Neste eido, Galicia xestionará 5,5 millóns de euros.
A maiores, aprobouse unha campaña de comunicación e sensibilización que desenvolverá cada territorio cun investimento de algo máis de 400.000 euros para o destino galego.

PUBLICIDADE