GameStop prepara nos EE.UU. unha tarifa plana de xogos de segunda man
luns, 30 de outubro do 2017

- Imaxe filtrada sobre o lanzamento do Power Pass por parte de GameStop
As grandes cadeas de tendas de videoxogos levan anos apoiando
boa parte do seu negocio na compra-venda de xogos usados, pese á oposición da
industria (que non recibe compensación polas vendas de segunda man), pero GameStop
quere revolucionar este tipo de negocio estreando nos EE.UU. o vindeiro 19 de
novembro o Power Pass, un servizo que por 60 dólares ofrecerÃa 6 meses de
xogos usados ilimitados.
Deste xeito, o usuario que goce do servizo poderá ter sempre un xogo usado
consigo, e poderá cambialo por outro sempre que queira dentro dos 6 meses
contratados, o que é unha atractiva opción para moitos, que poderán ter acceso
a unha ampla variedade de tÃtulos polo prezo dun único xogo, reducindo asà a
molestia de estar a mercar e vender constantemente xogos usados, e gozando asÃ
dun xeito máis áxil de acceder ao grande catálogo de xogos de segunda man que
teñen nas tendas actualmente.
O Power Pass podemos velo como algo semellante ao aluguer de pelÃculas en DVD con
tarifa plana como MediaXpress (que en 2003 replicara o funcionamento de Netflix
no mercado español con pouco éxito), polo que agora resultará interesante ver
se GAME ou algunha outra compañÃa ousa a replicar a fórmula no resto do mundo.
