Gameband, o smartwatch para xogadores
xoves, 9 de febreiro do 2017
O emprendedor Feargal Mac Conuladh, quen
tras traballar durante bastantes anos en compañÃas como Apple, Lexmark, Epson e
Lenovo participou en varias iniciativas en España, fundou hai uns meses FMTwo
Games, compañÃa con base en California (con parte do seu equipo en Barcelona)
que busca facer realidade deseños conceptuais retro como a Gameband,
un smartwatch que busca financiamento a través de Kickstarter e que definen
como «o primeiro smartwatch para xogadores».
Este produto que xa superou a súa meta de financiamento consiste nun smartwatch
con pantalla AMOLED de 1,63 polgadas cunha resolución de 320 x 320 pÃxeles,
Wi-Fi N, Bluetooth 4.2 e unha versión adaptada de Android que permitirá correr
numerosas aplicacións de produtividade, á vez que tamén será ampliable mediante
tarxetas microSD, polo que resultar moi práctico para levar fotografÃas,
música, ficheiros... aos que poderemos acceder mediante USB 3.0 (conta con
conector USB-C) ou Bluetooth. O reloxo funcionará cun procesador Qualcomm
Snapdragon Wear 2100, 512 MB de RAM, 4 GB de almacenamento interno e baterÃa de
400 mAh.
Entre as tres versións que presenta este reloxo de pulso destaca a Gameband
Atari Edition, que presenta a cor vermella caracterÃstica da clásica marca, e
tamén ten unha correa en negro con acabados en vermello que loce o logotipo de
compañÃa de videoxogos. Esta estética tamén casará con xogos clásicos como Pong
ou Centipede, que os profesionais de FMTwo Games están a adaptar para o reloxo,
de xeito que poderemos levar sempre connosco uns xogos que fixeron historia ao
chegar aos salóns domésticos coas primeiras consolas de Atari.
As outras dúas versións do reloxo serán a Gameband Edition (cun discreto deseño
en negro con correa de silicona) e a Gameband Terraria Edition, que rende
tributo a Terraria, un dos xogos
independentes máis populares dos últimos anos, e que inspirará un mini-xogo que
irá incluÃdo no reloxo.
ConfÃan en que os reloxos Gameband poidan empregarse para correr aplicacións
Android básicas e de produtividade (calendario, axenda, marcador telefónico,
alarmas, información meteorolóxica...), reproducir música a través de Bluetooth
e correr mini-xogos, contando tamén con numerosas esferas que os usuarios poderán
descargar e personalizar.
Neste momento pode apoiarse o proxecto con achegas de 149 dólares (162,73 euros
cos gastos de envÃo incluÃdos) para recibir algún destes smartwatches a
partires do mes de setembro.
VÃdeo promocional da campaña de micromecenado de Gameband