Gameloft comercializará preto de 15 videoxogos para o iPhone en 2008

luns, 10 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Trala publicación do SDK que permitirá a empresas alleas a Apple o desenvolvemento de aplicacións para o iPhone compañías coma Gameloft xa ven coma o móbil de Apple podería ser unha nova plataforma portátil para xogos, e seguirán o paso de EA e Sega, anunciando que durante este ano lanzarán uns 15 títulos para o iPhone e o iPod Touch.
Os novos xogos poderán aproveitar a pantalla multi-táctil de 3,5 polgadas do dispositivo, así como de aceleración 3D ou o acelerómetro de 3 eixes, coma se puido ver na demostración de Apple da pasada semana, na que se amosaron as capacidades para o xogo do iPhone como nunca se viran antes en aplicacións supostamente desenvolvidas en só 2 semanas.

PUBLICIDADE