Games with Gold celebra os seus 3 anos en xuño

martes, 24 de maio do 2016 Marcus Fernández

O mes de xuño a iniciativa Games with Gold de Microsoft celebra o seu terceiro aniversario, e quere facelo por todo o alto, de xeito que permitirá que os subscritores Gold de Xbox LIVE poidan facerse con xogos de primeira liña, que no caso da Xbox One son especialmente rechamantes, xa que comeza co absurdamente divertido Goat Simulator (simulador de cabra que permítenos facer tolerías e que actualmente está á venda por 9,99 euros), que estará dispoñible todo o mes, e que continúa co xogo de condución The Crew (valorado en 29,99 euros e que estará dispoñible a partires do 16 de xuño).
Logo, para Xbox 360 (tamén dispoñibles para Xbox One grazas á retrocompatibilidade) será posible facerse co clásico independente Super Meat Boy (valorado en 14,39 euros) durante a primeira quincena de xuño, mentres que na segunda metade do mes o xogo dispoñible será o impresionante XCOM: Enemy Unknown (valorado en 59,99 euros), retorno da franquía XCOM que conseguiu reforzar esta marca que este ano estreou secuela para PC que aínda non chegou a consolas (o que previsiblemente podería anunciarse no marco da feira E3 que celébrase no mes de xuño).

PUBLICIDADE