Garmin presenta unha especie de Google Glass para ciclistas
martes, 5 de xaneiro do 2016
Aproveitando
a súa presenza no CES de Las Vegas o fabricante Garmin presenta un novo produto
orientado a ciclistas, o Varia
Vision, que vén a ser unha solución semellante ás populares lentes Google
Glass, xa que pode engancharse ás lentes de sol dos ciclistas para amosarlles
información importante (achegada de dispositivos compatibles) como desempeño do
adestramento (é compatible con ANT+), navegación GPS e notificacións do móbil.
Incluso é posible emparellar as lentes cunha especie de radar
traseiro que fai de retrovisor para advertir ao usuario cando se aproxima
algún vehÃculo por detrás sen que teñamos que desviar a vista do que temos
diante.
Este interesante accesorio pode empregarse indistintamente co ollo dereito ou
co esquerdo, só pesa 29,7 gramos (polo que serÃa cómodo de levar), a súa
autonomÃa chegarÃa até as 8 horas e incluso serÃa resistente á auga, e pese a
que practicamente son unhas Google Glass deportivas, o seu prezo dista moito do
prototipo de Google, e porase á venda durante
este trimestre a un prezo de 399,99 euros.
VÃdeo de presentación do Varia Vision