Gasol farase co anel da NBA segundo unha simulación
xoves, 5 de xuño do 2008- Gasol xogou un importante papel en 2 dos 7 partidos simulados
As finais da NBA xa están
aquÃ, e durante un máximo de 7 partidos decidirase cal é o mellor
equipo da liga de baloncesto profesional do EE.UU. que nesta ocasión resulta
especialmente atractiva dende España porque conta coa presenza de Pau Gasol;
pero os máis impacientes que coñecer xa os resultados dos encontros, e
decidiron que o mellor xeito de predicir o futuro era simulando
os encontros no xogo NBA Live 09 de EA Sports.
Os resultados foron moi interesantes, pois precisaron dos 7 partidos para
decidir o campión, quedando Kobe Bryant coma mellor anotador (cunha media de 29
puntos e 6 asistencias por xornada).
AÃnda que o primeiro partido se saldase coa vitoria dos Boston Celtics, Los
Angeles Lakers lograron remontar nos enfrontamentos virtuais, e o propio Gasol
xoga un papel importante os partidos 4 e 5 nos que marcou 19 e 25 puntos
respectivamente (sumando entre os 2 encontros 26 rebotes e 8 bloqueos).
Coincidirán estes resultados coa realidade. Superarán na práctica os Lakers aos
Celtics como tamén fai na consola de videoxogos. Pronto o saberemos.