Gears of War 2 sairá á venda en España o vindeiro día 7 de novembro
martes, 30 de setembro do 2008Logo
de vender máis de 5 millóns de unidades en todo o mundo e revolucionar a
industria dos videoxogos con Gears of War,
o seu desenvolvedor Cliff Bleszinski, presentaba o pasado día 17 de setembro en
Madrid a segunda entrega da saga, o Gears
of War 2, que sairá á venda o vindeiro día 7 de novembro en exclusiva para Xbox 360.
Bleszinski
asegurou que este lanzamento supón para el “a
suma de todo o que leva traballado dende que tiña 17 anos” e que “vai a ser un acontecemento sen igual para
Epic como compañía e para el como persoa”.
Gears of War 2 é o resultado dunha coidadosa planificación e do
traballo de máis de 100 persoas ao longo de dous anos coa tecnoloxía máis
potente do momento, que acadaron unha ambientación moi cinematográfica e que converteron
ao xogo nun dos máis populares da historia.
De
feito, na pasada edición do E3, a feira máis importante do sector, celebrouse a
súa chegada outorgándolle o premio como Mellor Xogo de Acción, galardón que, de
seguro, pretenden recoller de novo este ano coa estrea da nova entrega o
vindeiro mes de novembro.
O
día 7, os xogadores poderán volver a meterse na pel de Marcus Fenix, para
facerlle fronte á invasión Locust, no
lanzamento “máis agardado do ano”.