Gemini Live está dispoñible en español de España
luns, 21 de outubro do 2024
Coa presentación dos móbiles Google Pixel 9 anunciaron que os subscritores de Gemini Advanced podÃa interactuar coa IA de Google en tempo real e de xeito natural, o que deron e chamar Gemini Live, e hoxe anuncian a aplicación da capacidade deste servizo, que nas vindeiras semanas permitirá aos usuarios conversar en español de España.
Gemini poderá conectarse a máis aplicacións de Google en español, de xeito que será máis doado acceder a información e realizar tarefa cos servizos de Google.
Dende a compañÃa de Mountain View inciden no feito de que Gemini Live é absolutamente conversacional, polo que pode funcionar como un amigo ou un compañeiro de traballo para explorar novos temas ou practicar unha presentación importante, destacando polo feito de poder interromper ao asistente, mudar de asunto ou profundar nun aspecto especÃfico. Tamén permite elixir entre dez voces distintas, para unha maior personalización da experiencia.
Actualmente é posible utilizar extensións don Gemini para poder tirar un maior proveito de Gmail, Mapas ou YouTube, mentres que outras funcións como Calendario, Tarefas, Keep e Utilidades están xa dispoñibles nas súas versións en inglés. Como exemplos de uso comentan que é posible pedirlle a Gemini que busque unha receita de lasaña que recibiches por Gmail e que engada os ingredientes á listaxe da compra en Keep; ou preguntarlle a Gemini cando se estrea certa pelÃcula e que programe un aviso unha semana antes para que non esquezamos mercar as entradas.