Gemini Live por fin pode acceder á cámara e aos contidos da pantalla do móbil

luns, 7 de abril do 2025 Marcus Fernández

Google está a abrir a posibilidade de que os subscritores de Gemini Advanced poidan gozar dunha das novidades máis interesantes para o asistente virtual da compañía: que Gemini Live poida falar en tempo real sobre o que está a captar a cámara do smartphone.
Esta grande novidade comeza xa a súa distribución, comezando por dispositivos Pixel 9 e Samsung Galaxy S25.
Deste xeito será posible apuntar coa cámara a un espazo para que Gemini poida realizarnos suxestións sobre o que lle consultemos relativo ao que teñamos diante, sendo tamén posible aplicar esta tecnoloxía aos contidos na pantalla do teléfono, demostrando que a IA entende cada vez mellor as imaxes e o noso contorno.
As posibilidades para persoas con problemas de visión son moitas, pero tamén pode servir para calquera outro usuario para, por exemplo, facernos suxestións sobre produtos que vaiamos mercar.
Trátase de ter un amigo virtual disposto a axudar en calquera momento, que pode resultar de grande utilidade agora que é capaz de entender imaxes e axudarnos a solucionar problemas con tal información.

Dende Samsung explican numerosas situacións nas que Gemini Live pode agora ser de utilidade