Gemini chega a Google TV

luns, 22 de setembro do 2025 Redacción

Google quere transformar o xeito no que buscamos contidos e interactuamos coa televisión, pasando de simples comandos de voz a conversas máis naturais e abertas, polo que hoxe inicia a integración do seu asistente de IA, Gemini, en Google TV.
As funcións dispoñibles ata agora co Asistente de Google seguen activas, pero Gemini amplía as posibilidades: axuda a escoller unha película para unha noite en familia, resolve dúbidas sobre un proxecto escolar ou mesmo axuda a planificar unha viaxe. Abonda con dicir «OK Google» ou premer o botón do micrófono no mando para iniciar a conversa.
O obxectivo é facer máis sinxela a procura de contidos. Se nun grupo hai gustos diferentes, Gemini pode recomendar algo que combine xéneros; se se quere lembrar que pasou na última tempada dunha serie, pode resumilo ao instante; e se só hai unha descrición vaga («cal é ese serie de hospitais da que fala todo o mundo?»), a IA pode suxerir opcións concretas e amosar valoracións.
A aposta non se limita ao entretemento. Google tamén promove o uso educativo e práctico desta ferramenta: explicar fenómenos como unha erupción volcánica con vídeos de YouTube de apoio, dar pasos iniciais para aprender guitarra ou suxerir receitas rápidas para unha cea improvisada.
O estreado arrinca hoxe nos televisores TCL QM9K e estenderase ao longo deste ano a outros dispositivos, entre eles o Google TV Streamer e varios dispositivos de Hisense e TCL previstos para 2025. 

Vídeo promocional da integración de Gemini en Google TV