Gemini incorpora a transcrición de audio

luns, 8 de setembro do 2025 Marcus Fernández

A aplicación de Gemini, tanto na súa versión web como en dispositivos móbiles, vén de estrear unha función moi agardada: a posibilidade de procesar ficheiros sonoros en formatos como o MP3, o M4A ou o WAV, o que permite xerar transcricións de entrevistas e conversas, e o seu posterior procesado.
Esta impresionante funcionalidade ten unha limitación de ficheiros de 10 minutos de duración para os usuarios de balde, mentres que os usuarios de pagamento poden cargar no sistema ficheiros de ata 3 horas de duración.
Estamos ante unha prestación que pode ser moi ben valorada por parte de xornalistas, pero que igualmente pode resultar interesante para estudantes ou calquera persoa que asista a unha conferencia ou presentación, que queira logo contar cunha versión escrita para a súa consulta ou estudo.