Gemini integra xeración de vÃdeo
martes, 15 de abril do 2025
Nun momento no que os xeradores de imaxes dentro de sistemas como ChatGPT e Grok están a conseguir moita visibilidade, quere emerxer a xeración de vÃdeo mediante IA e, ao igual que ChatGPT permite que os usuarios de pagamento tiren proveito do seu modelo de creación de vÃdeo (Sora), agora Google inicia o espallamento do acceso ao modelo Veo 2 aos subscritores de pagamento de Gemini.
Nas demostracións desta tecnoloxÃa Google demostrou estar moi por diante de OpenAI, e Veo 2 promete un realismo moi superior ao de Sora, algo que en breve poderemos comprobar en vÃdeos de 8 segundos con resolución 720p e formato panorámico. A funcionalidade terá unha limitación de uso (probablemente un tope mensual) que irán definindo co tempo.
A creación de vÃdeos a través de Gemini será moi sinxela, pois chegará con describir a escena que se queira crear para que Gemini leve a idea á vida. Canto máis detallada sexa a descrición, mellor será o resultado, abrindo moitas posibilidades a creadores de contido.
Veo 2 estará dispoñible globalmente a todos os subscritores de Gemini Advance dende a web e o móbil, aÃnda que a despregadura pode tardar varias semanas en completarse.
Pode parecer que serán poucos os usuarios que poderán beneficiarse desta nova función, pero cómpre lembrar que os compradores dos últimos móbiles de Samsung de alta gama reciben medio ano de subscrición deste servizo, e outros smartphones tamén inclúen promocións semellantes, polo que nas vindeiras semanas é posible que vexamos nas redes sociais moitas mostras das posibilidades de Veo 2.