Gemini permite transformar fotografÃas en vÃdeos con son
xoves, 10 de xullo do 2025
Unha semana despois da chegada de Veo 3 a España, Google anuncia o lanzamento dunha nova funcionalidade que permite xerar vÃdeos dinámicos de oito segundos con son a partir de fotografÃas estáticas. Esta ferramenta, integrada na aplicación Gemini e na plataforma Flow, inicia a súa despregadura entre os subscritores de Google AI Pro e Ultra.
A nova opción, bautizada como photo-to-video, permite que os usuarios transformen imaxes en vÃdeos animados simplemente cargando unha fotografÃa, describindo a escena e engadindo indicacións sobre o son. O sistema xera entón unha pequena peza audiovisual que pode descargarse ou compartirse directamente desde a plataforma. Entre as posibilidades que ofrece están animar obxectos cotiáns, darlle vida a debuxos ou crear escenas naturais en movemento.
Desde maio Veo 3 leva máis de 40 millóns de vÃdeos creados, tendo aproveitado os usuarios esta tecnoloxÃa para proxectos tan diversos como reinventar contos tradicionais ou crear vÃdeos ASMR con sons imaxinativos, como o dunha navalla cortando lava en arrefriamento.
Google asegura manter un compromiso firme coa seguridade dos contidos xerados. Para iso, aplica procesos internos de avaliación, proba os sistemas para detectar usos indebidos e impón polÃticas contra contido inseguro. Todos os vÃdeos creados inclúen unha marca de auga visible e unha marca dixital oculta mediante a tecnoloxÃa SynthID.
VÃdeo de demostración da nova función de Veo 3
