Gemma 2, novo modelo de IA de Google con até 27 mil millóns de parámetros

xoves, 27 de xuño do 2024 Marcus Fernández

O modelo de intelixencia artificial de Google, Gemma, presenta a súa nova versión, Gemma 2, que vén de abrirse aos desenvolvedores e investigadores de xeito global, e que agora está dispoñible en tamaños de 9 mil e 27 mil millóns de parámetros, prometendo un mellor desempeño e unha maior eficiencia que a súa primeira xeración, de xeito que podería ser unha alternativa competitiva a modelos con máis do dobre de tamaño. Aseguran que agora o modelo pode correr nunha única unidade nVIDIA H100, reducindo considerablemente os custos de implementación.
Gemma 2 está agora dispoñible no Google AI Studio, para que os interesados poidan probar as súas posibilidades sen requisitos de hardware, sendo tamén posible probar o modelo en plataformas como Kaggle e Hugging Face.

PUBLICIDADE