Geohot recoñece non ser capaz de desprotexer a PS3

xoves, 15 de xullo do 2010 Marcus Fernández

George Hotz, un dos expertos en seguridade que está detrás de varios dos métodos de liberación do iPhone, publicara a primeiros de ano na web que conseguira crackear parte da protección da PlayStation 3, de xeito que agardaba chegar a permitir o funcionamento de copias de xogos na consola de Sony, pero os seus esforzos non culminaron en éxito, e finalmente declarou que non foi quen de desprotexer a PS3, o que é unha magnífica nova para o seu fabricante, que padeceu a piratería de xeito notable na primeira PlayStation, na PS2 e, de xeito especialmente lesivo, na PSP.

PUBLICIDADE