Ghost of Tsushima chegará a PS4 o 26 de xuño
xoves, 5 de marzo do 2020
Un dos
xogos exclusivos para PlayStation 4 máis agardados é o título de Sucker Punch Ghost of
Tsushima, que sitúanos no Xapón (concretamente na illa de Tsushima) a
finais do século XIII, onde o guerreiro samurai Jin Sakai ten que protexer á
súa xente dos ataque dos mongois liderados por Khotun Khan, para o que ten que
desprenderse das súas tradicións para forzar un novo camiño, o camiño do
pantasmas, librando unha guerra pouco convencional pola liberdade de Tsushima.
Varios anos levamos vendo demostracións do que será este xogo, que promete un
grande nivel gráfico e unhas mecánicas de xogo moi intensas, e que por
fin ten unha data de lanzamento fixada, o 26 de xuño, comunicada a través
do novo tráiler do xogo.
Tamén deron a coñecer as distintas edicións deste título, como unha edición
dixital de luxo (que xunto co xogo inclúe contidos adicionais como un cabalo,
unha cadeira, unha máscara, espadas e unha armadura para Jin, o talismán do
favor de Hachiman, un punto de técnica, un tema dinámico para PS4 e un
minilibro de arte dixital) e 4 edicións físicas, que van dende unha edición
estándar que simplemente inclúe o xogo en disco até unha completísima edición
para coleccionistas na que non falta unha réplica da máscara que levamos no
xogo (para poder empregar de xeito decorativo), un estandarte de guerra de máis
dun metro de lonxitude, un furoshiki de estilo tradicional, o mapa do mundo do
xogo impreso en tea, un libro de ilustracións, o xogo en caixa metálica e unha
chea de contido dixital.
Tráiler do xogo no que confirman a súa data de lanzamento