Gmail estrea interface web en galego
luns, 7 de xullo do 2014
Durante varios anos circularon informacións que apuntaban a
unha dispoñibilidade case inmediata do servizo de correo electrónico de Google
en galego, que non remataba de chegar (como tamén acontece con Android)
pero finalmente dende hoxe xa é posible acceder a Gmail en galego, para o que
debemos ir á sección de Configuración da ferramenta web para mudar o idioma no
que se amosa. Deste xeito podemos gozar do Gmail en galego dende agora, aÃnda
que non todas as funcionalidades están aÃnda dispoñibles na nosa lingua (o
sistema advirte de que o servizo de chamadas non funciona aÃnda en galego).
Con esta nova lingua integrada en Gmail temos que o
servizo de correo electrónico de Google ten a súa interface localizada a un
total de 71 linguas entre as que tamén dende hoxe figuran a lingua
africáner, o armenio, a lingua azerÃ, o chinés de Hong Kong, o francés de
Canadá, o xeorxiano, a lingua khmer, a lingua laosiana, o mongol, o nepalés, o
cingalés e o zulú. Deste xeito Google amosarÃa o seu servizo de e-mail en
linguas que chegarÃan ao 94% da poboación do planeta.
Queda agora por ver se en breve teremos tamén Android en galego, pois xunto con
Gmail era dos poucos produtos de Google que non estaban localizados á nosa
lingua (os produtos novos chegan habitualmente dispoñibles nas numerosas
linguas soportadas por Google).

- Na sección de configuración de Gmail xa contamos coa opción de galego como idioma para a interface de uso
