Go Mic, micrófono USB pensado para portátiles
mércores, 5 de agosto do 2009
Os usuarios que queiran
facer gravacións medianamente decentes dende o seu ordenador portátil o normal
é que non empreguen o micrófono que habitualmente teñen integrado, pola súa
mala recepción (principalmente provocada porque está situado no corpo do
equipo, polo que o ruÃdo xerado polos discos duros, ventiladores e unidades de
lectura óptica resulta toda unha molestia), de aà que o normal sexa optar por
micrófonos externos coma o Go
Mic, que é un micrófono USB pensado para prender á pantalla do
portátil cun mecanismo tipo clip.
Este micrófono de condensador é ideal para o seu uso con ferramentas de recoñecemento
de voz, para utilizar aplicacións de VoIP ou incluso para realizar gravacións na marcha. O Go Mic pode operar tanto
baixo Windows coma en Mac OS, ten un rango de resposta de 20 Hz a 18 kHz,
inclúe unha saÃda de audio e pode operar tanto coma micrófono omnidireccional
como cardiode (sendo posiblemente este último modo o máis atinado para o seu
uso).
O
seu prezo de venda é duns 50 dólares (34,75 euros).
- O Go Mic pode colocarse de xeito doado na pantalla de ordenadores portátiles