O tolo xogo Goat Simulator parece non querer quedar como unha simple broma, e tras estrear a súa versión para PC hai tres meses (coincidindo coa celebración do Primeiro de Abril) continúa a buscar novos mares nos que faenar, e bota agora as súas redes en dúas novas plataformas: Linux e OS X. Deste xeito, os usuarios de ordenadores persoais que non funcionen con Windows tamén poderán facerse con este xogo a través de Steam.
Estamos ante a primeira versión destas novas versións, polo que é de agardar que presenten bastantes erros (como tamén fixo a primeira versión para Windows) pero, curiosamente, dentro deste tipo de xogo os fallos poden verse como parte da diversión.
O xogo de Coffee Stain Studios non vai quedar aí, e tras o seu paso polas tendas descargables, prepara agora a súa distribución en tendas físicas de EE.UU. a un prezo de 9,99 dólares e incluso abriron unha tenda en liña de mercadotecnia sobre o xogo, onde os seareiros do mesmo poden adquirir camisetas, cuncas, fundas para móbiles… inspiradas no simulador de cabra que está a causar furor internacionalmente.
Goat Simulator chega a Mac e Linux
Compartir Este Artigo
