God of War 3 chegará ás tendas o vindeiro dÃa 17
luns, 1 de marzo do 2010
A chegada ás tendas españolas do agardado God of War III é inminente, e dende Eurogamer aseguran que a data de lanzamento do xogo en Europa será finalmente o vindeiro dÃa 17 de marzo, pese a que distintas tendas especializadas daten para un dÃa despois a dispoñibilidade do tÃtulo protagonizado por Kratos, e que chegará en distintas versións, entre as que estarÃa unha ordinaria (só co xogo, á venda por 69,95 euros), outra especial (con contidos adicionais, por 10 euros máis), a Ultimate Trilogy Edition (que inclúe as dúas primeiras entregas da saga remasterizadas para PS3, un CD musical, a banda sonora de toda a triloxÃa e códigos de descarga para desbloquear extras, e chegará ás tendas por uns 149,99 euros) e incluso unha consola PlayStation 3 con disco duro de 250 Gb e a nova entrega de God of War que sairá á venda por 349,95 euros.