God of War: Ascensión estrea teaser do seu modo campaña

luns, 21 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Nos últimos meses resultaba un pouco inquietante que os vídeos que podían verse do xogo God of War: Ascensión estivesen centrados no seu novo modo multixogador, marxinando totalmente a súa campaña, signo de identidade da saga, pero os seareiros de Kratos poden estar tranquilos, porque o xogo que chegará ás tendas o vindeiro 13 de marzo vén de estrear un vídeo de adianto do seu modo campaña.
O xogo sitúase 6 meses despois de que Kratos perdese á súa muller e á súa filla, ás que matou enganado polo deus Ares, o que levou á Pantasma de Esparta a rexeitar o seu xuramento de sangue ao deus da guerra para emprender a aventura que contou o primeiro God of War, pero este paso non foi sinxelo, e precisamente nese punto é o punto de partida de Ascensión, xogo que aínda que dificilmente poderá ser máis espectacular que as súas entregas anteriores, non parece que vaia deixar de buscar certa épica polo que podemos ver no seu breve teaser.


Vídeo de adianto do modo campaña de God of War: Ascensión

PUBLICIDADE