God of War Ragnarök chega a PC

xoves, 19 de setembro do 2024 Marcus Fernández

Rematou a espera e o secuela do xogo de God of War de 2018, God of War Ragnarök, por fin chega a PC grazas á colaboración de Santa Monica Studio e Jetpack Interactive, que non se limitaron a adaptar o xogo para ofrecer as grandes posibilidades de PC (como adaptar a imaxe a configuracións ultrapanorámicas ou con varios monitores), senón que tamén aproveitaron a ocasión para introducir melloras que en breve tamén chegarán á versión de PlayStation 5.
As melloras que chegan en primicia a PC serían unha opción para reducir as pistas nos quebracabezas (pois moitos usuarios protestaran ante as pistas non solicitadas que daba Atreus ante certas situacións a resolver) e a posibilidade de activar descricións de audio durante as escenas cinematográficas (mellorando a accesibilidade do xogo).
God of War Ragnarök está dispoñible para a súa compra en Steam e na tenda de Epic Games a un prezo de 59,99 euros.