God of War Ragnarök chegará a PC en setembro
venres, 31 de maio do 2024
A pasada noite Sony celebrou unha nova edición do seu State of Play para dar conta de novidades sobre xogos para PlayStation 5 e dos seus estudios internos, sendo o máis relevante que God of War Ragnarök chegará a PC o 19 de setembro grazas á colaboración con Jetpack Interactive.
Este xogo contará con taxa de fotogramas desbloqueada; compatibilidade coas tecnoloxÃas de escalado de nVIDIA, AMD e Intel; compatibilidade con pantallas até superultrapanorámicas (32:9); e incluirá o contido descargable Valhalla.
Os usuarios interesados en adquirilo poden xa reservalo en Steam e na tenda de Epic Games.
Outros anuncios do State of Play é que Astro Bot chegará a PlayStation 5 o 6 de setembro; Concord verá a luz para PS5 e PC o 23 de agosto; Silent Hill 2 chegará a PS5 o 8 de outubro; Monster Hunter Wilds chegará a PS5 en 2025; Marvel Rivals lanzará a súa beta pechada para PS5 no mes de xullo; Alien: Rogue Incursion terá versión para PlayStation VR2 de cara ao vindeiro Nadal; Dinasty Warriors: Origins e Ballad of Antara estarán dispoñibles para PS5 en 2025; e algún outro anuncio máis no que non se detallou a data de lanzamento definitiva. En calquera caso, deixouse claro que aÃnda que 2024 vaia ser un ano bastante frouxo para PlayStation 5, a situación vai camiño a corrixirse.
VÃdeo do último State of Play