Tras converterse nunha das franquías de máis éxito para as PlayStation 2 e 3, dende Sony decidiron que era preciso renovar completamente God of War, o que supuxo unha longa espera para os seus seareiros que remata hoxe, xa que por fin chega ás tendas o novo God of War, título exclusivo para PlayStation 4, que dá o salto da mitoloxía grega á nórdica, e que tamén pasa dunha aventura en solitario a unha historia na que Kratos estará acompañado polo seu fillo Atreus, o que muda profundamente o carácter deste título que tecnicamente chega ao teito da consola e probablemente é a produción exclusiva de maior orzamento nunha consola de videoxogos.
Nesta aventura Kratos ten unha nova oportunidade de exercer como pai, aventurándose no máis profundo das terras de Midgard co seu fillo Atreus, e tendo que enfrontarse no camiño con numerosos criaturas extraídas da mitoloxía nórdica. Haberá que derrotar a numerosos inimigos en combates corpo a corpo, onde será preciso combinar táctica e precisión, á vez que a experiencia non se limita á acción pura, senón que ten certos toques emocionais ao estarmos ante un Kratos máis reflexivo que a súa versión primixenia.
Tráiler de God of War

