Golden Axe: Beast Rider recupera un clásico de hai preto de 20 anos
mércores, 3 de setembro do 2008
- Imaxe do xogo para recreativas que saÃu en 1989
En 1989 chegou aos salóns recreativos un xogo beat’em up que destacaba pola súa ambientación medieval que poderÃa lembrar a mundos de fantasÃa coma os de Dungeons and Dragons, e moitos anos despois a franquicia de Golden Axe quere volver aos novos corazóns, pero entrando polos ollos, cuns gráficos totalmente renovados e espectaculares, que o 14 de outubro se achegará ás consolas Xbox 360 e PlayStation 3.
Golden Axe: Beast Rider será un xogo realmente impresionante, permitindo participar en intensas loitas e derrotando a feroces bestas mentres incrementamos a capacidade de combate e maxia, ou sexa, que mestura acción e RPG.
Este novo tÃtulo ten como protagonista a amazona Tyris Flare (aÃnda que os outros personaxes do xogo orixinal, Gilius e Ax-Battler tamén aparecerán no xogo) que poderá loitar corpo a corpo ou a lombos de certas bestas, o que lle dá tÃtulo ao xogo (Beast Rider). A fidelidade co xogo orixinal tamén chegará a través dos pequenos trasnos aos que podemos golpear para obter obxectos que melloren o noso estado durante as partidas, aÃnda que por desgraza carecerá do modo de xogo cooperativo que caracterizaba ao clásico arcade.
Resultará interesante ver cómo esta revisión dun clásico, que presenta agora un sistema de xogo totalmente renovado, é capaz de achegarse a un novo público que pode agardar unhas escenas de acción trepidantes e de grande violenta que aÃnda que non cheguen ao nivel de God of War parecen estar á altura do nivel actual dos xogos nas consolas de alta definición.
Novo trailer de Golden Axe: Beast Rider