GoldenEye 007 adaptarase á Xbox 360 e PlayStation 3

mércores, 20 de xullo do 2011 Marcus Fernández

A consola doméstica Nintendo 64 recibiu en 1997 o videoxogo GoldenEye 007, baseado na película homónima que saíra un par de anos antes, e que converteuse en todo referente para a crítica internacional pasando a considerarse como un dos primeiros FPS para consola de videoxogo en trasladar con éxito este xénero tan popular no PC (estando considerado como un dos 10 mellores FPS da historia, así como unha das melloras adaptacións cinematográfica da industria) de aí que o ano pasado quixeran tirar proveito de tal sona e lanzasen unha revisión do xogo para Wii que, pese a ser un bo xogo, non chegou á altura do orixinal. Pero dende Activision non queren darse por vencidos, e anuncian que está en desenvolvemento GoldenEye 007: Reloaded, xogo que desta volta chegará a Xbox 360 e PlayStation 3, plataformas moito máis axeitadas para títulos deste xénero de acción, que contará cun novo motor gráfico que promete uns efectos visuais sorprendentes e, no caso da PS3, será compatible co periférico Sharp Shooter para PlayStation Move.
GoldenEye 007: Reloaded quere converterse na experiencia James Bond definitiva, e estará dispoñible no outono (probablemente a finais de outubro). Este nvo título contará con gráficos en alta definición e novos modos de xogo (aparte do modo historia tamén incluirá o modo MI6 Ops Missions con novos escenarios e retos, así como modos Asalto, Eliminación, Stealth e Defensa).
Para redondear o produto, o novo GoldenEye terá modo multixogador coa opción de dividir a pantalla en catro e permitindo enfrontarse ata a 16 xogadores, con máis mapas, personaxes e modos de xogo.


Trailer de GoldenEye 007: Reloaded

PUBLICIDADE