Golgoth lanzará a súa remasterización de Toki en setembro
luns, 18 de xuño do 2012

- Toki HD recupera un clásico xogo para máquinas recreativas
Tras varios
meses sen escoitar falar do proxecto, Golgoth
Studio achega nova información sobre Toki
HD, o tÃtulo que recrea o clásico xogo que TAD Corporation lanzou para
máquinas recreativas en 1989 e que marcou época. Esta remasterización supón a conservación da mecánica do xogo, de xeito
que teremos a súa esencia inalterada, pero cuns gráficos totalmente redebuxados
para que poida xogarse satisfactoriamente nas pantallas de alta definición
actuais.
Golgoth Studio estima que o xogo chegará como descargable para PC (Steam),
PlayStation 3 (PlayStation Network) e Xbox 360 (Xbox LIVE Arcade) a partires do
mes de setembro, sendo a versión para PC a primeira en pórse á venda, aÃnda que
sen chegar a fixar a data concreta de lanzamento desta produción que no
seguinte vÃdeo demostra terse feito con moito mimo:
