Google Discover proba a integración de resumos feitos por IA
martes, 15 de xullo do 2025
Google está a probar unha nova funcionalidade que engade resumos xerados por intelixencia artificial no seu feed Discover, dispoñible tanto en Android como en iOS, xunto cun acceso máis áxil á opción de gardar contido. Estes cambios forman parte dunha fase experimental e aÃnda non están dispoñibles de forma xeralizada.
Unha das novidades máis visibles é a substitución do logotipo único do medio que adoita aparecer no canto superior esquerdo por varias iconas superposts, que indican que o resumo foi xerado a partir de múltiples artigos. Ao premer, ábrese unha folla denominada Máis onde se poden consultar todas esas fontes orixinais.
O resumo amósase en tres liñas de texto, tras as cales cómpre premer en Ver máis para continuar lendo. Ao final da tarxeta, indÃcase que a información foi «Xerada con IA, que pode cometer erros». Esta experiencia lembra á das vistas creadas con IA que Google vén integrando nos resultados de busca, especialmente polo xeito en que destaca a información clave.
A imaxe de portada corresponde á primeira das historias usadas para o resumo, coa súa cabeceira debaixo. O nome do medio redúcese de tamaño e aparece xunto á hora ou data da publicación.
Desde o punto de vista da experiencia de navegación, esta aproximación ofrece máis contexto antes de acceder a un artigo. Tamén poderÃa derivar en menos clics cara ás fontes orixinais, ao satisfacer parte da curiosidade do lector xa desde o resumo.
Google tamén está a experimentar coa incorporación directa da icona de gardar na propia tarxeta de Discover. Situada entre o corazón (para indicar que gusta) e o menú de opcións, permite marcar contidos cun só toque, que logo poden consultarse na pestana de Actividade.
