Google Maps axúdanos a lembrar onde aparcamos o coche

mércores, 26 de abril do 2017 Marcus Fernández

A aplicación de mapas de Google, tanto para Android como para iOS, xa non só pode axudarnos a chegar ao noso destino no noso vehículo, senón que tamén axudaranos a lembrar onde o deixamos aparcado unha vez que chegamos, solucionando así un problema do noso día a día dun xeito bastante práctico.
En Android, ao aparcar o noso coche só teremos que premer no punto azul que sae na aplicación e logo picar en Establecer ubicación como aparcamiento para que se marque no mapa a localización na que deixamos o vehículo, facilitando así chegar ao mesmo á volta. Amais, os puntos de aparcamento gardados teñen unha tarxeta na que poder engadir anotacións (como o número de praza ou incluso un recordatorio sobre o tempo que nos queda no parkímetro, coa conseguinte alerta no móbil), gardar unha imaxe do punto onde se deixou o coche e mesmo poder compartir a localización cos amigos.
En iOS a experiencia é moi semellante, aínda que o engadido manual de puntos de aparcamento é algo adicional, xa que Google Maps para iOS xa incorporaba a posibilidade de gardar o punto no que se deixou o vehículo, por exemplo, ao detectar que se desconectou o móbil do sistema Bluetooth do coche.

PUBLICIDADE