Google abre o SDK de Chromecast
luns, 3 de febreiro do 2014
Xa hai
medio ano da presentación
do Chromecast, e continúa a ser un produto que permanece afastado do noso
mercado, aÃnda que tal cousa poderÃa rematar en breve, pois este trebello
deseñado para levar os contidos da Rede ao televisor a través de HDMI, facendo
que televisores sen funcionalidades de Smart
TV poidan gozar do streaming de
YouTube e numerosas plataformas de vÃdeo en liña, por fin ábrese aos
desenvolvedores coa publicación do Google
Cast SDK, o que facilitará
a creación de aplicacións compatibles con este produto.
Este SDK non é para construÃr aplicacións dende cero, senón para integralo en
aplicacións existentes, de xeito que aplicacións para iOS e Android actuais
poderán adaptarse para poder remitir os seus contidos ao Chromecast para a súa
reprodución, de xeito que é de agardar que nas primeiras semanas numerosas
plataformas de vÃdeo en liña adapten as súas aplicacións móbiles para facelas
compatibles co pequeno dispositivo de Google, que facilitará o goce dos seus
contidos a pantalla completa no televisor, empregando o smartphone ou o tablet
a xeito de mando a distancia.
AÃnda que o principal uso do Chromecast sexa a reprodución de contidos
multimedia, tamén é posible empregalo para amosar contidos desenvolvidos con
tecnoloxÃas web, polo que o potencial deste trebello aÃnda está moi lonxe de
explotarse, polo que teremos que agardar para ver o proveito que os
desenvolvedores saben tirar desta tecnoloxÃa.
O Google Cast SDK está dispoñible dende hoxe para iOS, e nos vindeiros dÃas
estreará a versión para Android como parte dos servizos da actualización 4.2 de
Google Play (que está a distribuÃrse estes dÃas entre dispositivos Android).