Google afronta o seu primeiro recorte de persoal
venres, 4 de abril do 2008
Cando unha empresa medra adquirindo a
outras non tarda en chegar o momento no que hai que recortar persoal, e iso vén
de chegar a Google, que comeza por prescindir de 300 dos
1.500 empregados de DoubleClick (empresa que adquiriu hai pouco).
Estariamos ante o primeiro grande despido por parte de Google, xusto nun momento
no que as súas contizacións bolsistas non pasan por un bo momento.