
Vídeo promocional do Nexus 6
Para usuarios que buscan facer un uso máis produtivo chegará o Nexus 9, un tablet con pantalla IPS de 8,9 polgadas, procesador de 64 bits nVIDIA Tegra K1 a 2,3 GHz, 16/32 Gb de almacenamento interno, cámaras de 8 e 1,6 Mpíxeles altofalantes HTC BoomSound, e batería de 6.700 mAh, que busca ser moi transportable e ser capaz de empregarse para usos de produtividade, de aí que incluso vaia contar cunha funda-teclado magnética que incluso permitirá que poidamos colocar o tablet nas pernas como se fose un portátil. Este dispositivo está fabricado por HTC e poderá reservarse a partires do vindeiro venres e coméntase que o seu prezo partiría de 399 dólares e chegarían ata os 599 dólares en función da capacidade de almacenamento interna e da súa conectividade móbil (parece que en España quedaría entre os 399 e os 569 euros).
Vídeo promocional do Nexus 9
Pero a grande sorpresa da xornada foi o Nexus Player, un trebello desenvolvido en colaboración con Asus, e que será o buque insignia de Android TV, levando ao salón do fogar películas, música, vídeos e incluso videoxogos, podendo tamén operar como receptor de contidos dende un Chromebook ou teléfonos e tablets con iOS e Android, para levar as súas pantallas ao televisor. Dá así a impresión de que estamos ante a resposta de Google ao Fire TV de Amazon.
O Nexus Player poderá reservarse a partires do venres, e funcionará cun procesador Intel Atom de catro núcleos a 1,8 GHz, contará con conectividade Wi-Fi AC e terá saída HDMI para conectar ao televisor. Aparte do propio reprodutor, inclúe un mando a distancia con micrófono (para buscas por voz) de xeito que o gamepad para este produto será un accesorio opcional (na liña do que tamén fixo Amazon). O prezo do Nexus Player podería ser de 99 dólares, e o gamepad podería venderse por 39 dólares, o que sería practicamente o mesmo rango de prezos que a alternativa da compañía de Jeff Bezos.
Vídeo promocional do Nexus Player
Google anuncia a nova xeración de dispositivos da familia Nexus
Compartir Este Artigo

