Google avanza na xeración de vÃdeo con IA
mércores, 15 de outubro do 2025
Google anunciou hoxe a chegada de Veo 3.1, a nova versión do seu modelo de vÃdeo que ofrece unha maior calidade audiovisual, un realismo mellorado e un control narrativo máis preciso, no que parece unha resposta ao éxito de Sora 2, que está a ter grande viralidade nos EE.UU.
A actualización chega acompañada de novas ferramentas dentro de Flow, a aplicación de creación cinematográfica con intelixencia artificial, que xa superou os 275 millóns de vÃdeos xerados desde o seu lanzamento hai cinco meses.
A principal novidade de Flow é a incorporación de audio xerado por IA en funcións como Ingredients to Video, Frames to Video e Extend, que agora permiten construÃr escenas completas con narración e son. Con Ingredients to Video pódese combinar varias imaxes de referencia para definir personaxes, obxectos e estilos visuais; Frames to Video permite unir dúas imaxes para xerar unha secuencia fluÃda que sirva de transición; e Extend posibilita ampliar a duración dos vÃdeos máis aló do minuto mantendo a continuidade coa última escena creada.
Xunto a estas melloras, Flow incorpora tamén novas opcións de edición máis precisas. A función Insert posibilita engadir elementos novos a unha escena, desde detalles realistas ata criaturas imaxinarias, mentres que a opción de eliminación automática, que se engadirá en breve, permitirá retirar obxectos ou personaxes non desexados e reconstruÃr o fondo de maneira natural.
Veo 3.1 representa un salto cualitativo respecto á versión anterior, con mellor adhesión ás ordes dos prompts, unha representación máis fiel das texturas e un tratamento de son máis rico e inmersivo. O modelo está dispoñible tanto na aplicación Flow como a través da Gemini API para desenvolvedores, Vertex AI para empresas e a propia aplicación Gemini.
VÃdeo promocional de Veo 3.1
