Google facilita a busca de emprego

xoves, 24 de maio do 2018 Marcus Fernández

O buscador de Google non deixa de abarcar novos ámbitos, e agora sube ao carro da busca de emprego, de xeito que os usuarios españois podemos acceder a numerosas ofertas laborais dun xeito rápido e sinxelo a través da nova funcionalidade do buscador.
Cando un usuario busca un posto de traballo en concreto, podendo incluso indicar o ámbito xeográfico, o sistema incorporará unha caixa antes dos resultados xerais na que recóllense resultados extraídos de axencias de emprego, axencias de traballo temporal e outros servizos en liña como LinkedIn, Adecco, Opcionempleo, Hosteleo, Asempleo, Jobatus, Hostelo ou Buscadordetrabajo.com.
Se interactuamos co recadro de emprego nos resultados de busca podemos aplicar filtros como categoría, ubicación, data de publicación, tipo de contrato e empresa... e incluso crear alertas en función das necesidades de cadaquén e a posibilidade de recuperar en calquera momento a busca realizada.
Este novo servizo, que mestura información de emprego co uso de mapas, está xa presente tamén en EE.UU., Arxentina, Chile, México, Brasil, Colombia, Nixeria, Quenia e Sudáfrica.

PUBLICIDADE