Google lanza un Chromecast con Google TV económico
venres, 23 de setembro do 2022
Levamos máis de 9 anos gozando dos dispositivos Chromecast
para achegar contidos multimedia en liña aos nosos televisores, e hai un par de
anos Google
revolucionounos incorporándolles Google TV, ou sexa, dotándoos de autonomÃa,
de xeito que xa non precisan dun smartphone ou outro dispositivo para poder
controlarse, xa que permiten a instalación de aplicacións e o seu uso con mando
a distancia.
O Chromecast con Google TV pode considerarse como a solución ideal para achegar
funcionalidades de Smart TV a unha pantalla que careza desas capacidades ou que
xa non reciba actualizacións do seu fabricante, aÃnda que o modelo que tiñamos
no mercado resultaba un tanto caro, vendéndose oficialmente a 69,99 euros, de
aà que decidisen comercializar un modelo máis limitado, que pode satisfacer a moitos
consumidores por simplemente limitarse
a reducir a súa resolución de 4K a Full HD, co que conseguen reducir o seu
prezo até uns asumibles 39,99 euros.
O Chromecast
con Google TV precisa para funcionar unha pantalla con entrada HDMI e
acceso á Internet a través de Wi-Fi, facilitando aos usuarios o acceso a
contidos multimedia de numerosos servizos en liña e incluso o uso do asistente
de Google para o seu manexo e para funcións propias do asistente (como resolver
dúbidas e controlar a electrónica doméstica compatible).
Cómpre salientar que a nova versión de alta definición do Chromecast con Google
TV conserva o soporte de HDR e tamén é compatible con Google Stadia, de xeito
que poderÃa empregarse a xeito de consola de videoxogos na nube de conectarmos
cun mando de xogo compatible. A outra limitación que terÃa o novo modelo de
Chromecast serÃa a súa gama de cores (xa que só estarÃa dispoñible en cor
branca).
Un detalle a ter en conta é que co lanzamento deste novo Chromecast económico
deixan de comercializar os anteriores Chromecast que non contaban con Google
TV.